ORTIGUEIRA SOSTENIBLE E OS SEN VOZ DE GADISA, POR SUPOSTO
OS SEN VOZ DE GALICIA

Queremos manifestar a nosa simpatía con este colectivo de Ferrol que reúne asociacións veciñais e ecoloxistas que teñen en común o profundo malestar que lles causa o sistemático silenciamento que o xornal La Voz de Galicia fai da realidade da súa cidade. A sua intención é promover unha campaña de denuncia contra a desinformación planificada deste grupo editorial que ignora todas aquelas novas que prexudican aos grupos políticos e gobernos municipais aos que pretende protexer e cos que mantén unha relación de recíproca colaboración. Non somos alleos en Ortigueira a esta política editorial pola que o goberno municipal de Antonio Campo ven de premiar ao director do diario, Santiago Rey Fernández Latorre coa distinción de Fillo Adoptivo da vila. Como contrapartida o rexedor municipal vai seguer mantendo como ata agora o control absoluto da información que nese diario se publique acerca do concello. Pola nosa parte rexeitamos nomeadamente a complicidade dun medio de comunicación coa administracción co fin de manipular a información subverténdoa en propaganda dos grupos políticos, denunciamos o uso das institucións públicas para exercer calquera tipo de control e censura e xulgamos indignos de credibilidade aos medios como La Voz de Galicia dependentes deste tráfico.

beny dijo
ESTASE ACOMENTAR QUE VAN A FACER UN NOVO CAMPO DE FÚTBOL NA VENTA
MUY CERQUIÑA DE ORTIGUEIRA, E PEGADO AS MARISMAS DA RIA DE LADRIDO.
QUE SEGÚN TEÑO ENTENDIDO ESTÁ PROTEXIDO POLA RED NATURA E OUTRAS
MÁIS . O CAMPO CREO QUE VAI SER UNHA ESPECIE DE NEGOCIO ,TANTO POLA
SÚA COMPRA-VENTA E TAMEN POLOS NEGOCIOS POSTERIORES.
CON RESTAURANTES, ETC .... NEGOCIO PARA OS MESMOS E NINGUN FUTBOLISTA QUE NUNCA HOUBO NIN HABERÁ. SOAMENTE HAY SEÑORITOS.
10 Junio 2008 | 05:30 AM